HomeMedio ambiente e PatrimonioChegou a hora da Queima das Fachas de Castelo, Taboada

Chegou a hora da Queima das Fachas de Castelo, Taboada

Publicado o

- Advertisement -

A Queima das Fachas, festa declarada de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2008. Trátase dunha tradición celta que sobreviviu á época romana ata a actualidade. Ó igual que hai 2.000 anos, a queima celébrase no castro de Castelo. O feito de queimar fachas en círculo na planicie do castro non se sabe exactamente que significado ten; hai teorías que apuntan a que podía ser un medio de comunicación con outras aldeas da contorna, ou a de brindar a oportunidade de dar luz ó poboado pola noite no día de celebración; tamén existe a teoría de que todo comezou como un ritual con matices máxicos e relixiosos. Sexa cal sexa a súa orixe, o rito máximo do lume no castro mantívose inalterable durante todos os anos ata chegar a actualidade.

Para que todo este traballo se leve a cabo dun xeito organizado, no ano 1992, creouse a Asociación Cultural As Fachas que ten como obxectivos procurar que non desapareza a celebración desta festa ancestral e organizar A Queima das Fachas ano tras ano.

Manuel Fidalgo, presidente da nomeada asociación explica que o material para as fachas, que no seu pobo están feitas de agucios, recóllese a principios de agosto e a comezos de setembro saen ao monte para recoller os paos de entre 8 e 10 metros de lonxitude.

Deste xeito, cada veciño que colabora na elaboración das fachas -hai casas que fan unha facha, outras varias- poñerse a traballar a reo en elaborar os fachóns o día antes da súa queima, para, o día 7 pola mañá, subilas ó castro da parroquia de Castelo.

Este ano, como en anteriores edicións, o número de feixes preparados para arder oscila entre 25 e 35, concretamente, estímase que subirán unhas 30 fachas.

Fachas colocadas no alto do castro para arder/facebook

Manuel Fidalgo, nativo da localidade e apaixonado da Queima das fachas declara que, “para nós o día da queima é unha data moi especial. Ademais, é a véspera das festas da patroa da localidade que se celebran os días 8 e 9 e por outra banda, teñen un gran significado a nivel familiar posto que gran parte dos veciños que non residen habitualmente na localidade, o día da queima sempre visitan á familia”.

Como novidade, este ano, a noite da queima, e de xeito gratuíto, todos os que o desexen, poderán subir ao globo aerostático levado á zona con motivo das festas para poder contemplar Taboada dende o aire ao rematar de arder as fachas.

En consoancia con esta tradición, dende o día 6 de setembro ata o día 9 na Casa Escola de Castelo pódese visitar a Mostra Fotográfica das Festas Tradicionais con Fogo; nesta exposición reúnense instantáneas das diversas festas a nivel nacional nas que o lume é o protagonista.

Mostra fotográfica na Antiga Escola/facebook

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...