HomeCulturaTarabela Creativa representará “Boa sorte, mala fama” na  Pobra do Brollón, Taboada...

Tarabela Creativa representará “Boa sorte, mala fama” na  Pobra do Brollón, Taboada e Quiroga 

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega á provincia a montaxe “Boa sorte, mala fama”, unha representación teatral que se estrea este domingo ás 18:30 horas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Que despois percorrerá os concellos da Pobra do Brollón, Taboada, Quiroga e Meira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Boa sorte, mala fama” é unha traxicomedia en galego dirixida por Carmen Conde, que tamén participa na representación (narración oral), xunto a Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo). A produción conta con colaboración de profesionais lucenses como Ezequiel Orol no son, Bieito ICN na escenografía, Sabela Eiriz na fotografía, Lola Saltatore na coreografía  e Los alfileres de Elia no vestiario. O Mago Rafa realizou a asesoría máxica e Marta Castro foi a encargada do deseño de identidade. A área de Cultura apoia este proxecto que, tras dous anos de investigación, lle dá unha nova visión á emigración galega, centrándose no rostro menos institucional.

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, presentaron esta iniciativa xunto aos seus impulsores e responsables de Tarabela Creativa, Carmen Conde e Diego Gallego. Castro destacou a importancia de achegar “a cultura e, en concreto o teatro, aos concellos para que cada unha das veciñas e veciños da provincia poidan ter alternativas de ocio preto dos seus fogares. Unha aposta que mantemos dende a Vicepresidencia co obxectivo de suprimir, na medida do posible, as desigualdades entre a veciñanza”.

“Boa sorte, mala fama é unha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratados e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración. Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral, que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se localice naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballa na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv). Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...