Homesociedade105.000€ da Deputación para novos servizos en Taboada

105.000€ da Deputación para novos servizos en Taboada

A Deputación aproba máis de 410.000€ para impulsar obras e novos servizos en catro concellos da provincia, A Pontenova, Taboada, Foz e Viveiro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno deste venres aprobou un convenio co concello de Taboada de 105.000€ para realizar diferentes actuacións. Por unha banda para comezar a reforma que converterá a antiga Casa Escola da Parroquia de Meixonfrío nun local social destínanse 30.170€.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón destacou que “con esta obra, na que se acondicionará de xeito integral toda a estrutura, damos resposta a unha demanda dos veciños e veciñas desta parroquia, que poderán desfrutar dun espazo de encontro onde realizar diferentes actividades”.

Os 75.000€ restantes serán para acondicionar o Camiño das Neves, na parroquia de Meixonfrío, que dá acceso ás vivendas situadas no núcleo de Cadeiroás, Zoas e ao vial que une os núcleos de Friamonde e Couso, en Mourulle.

Realizaranse tamén melloras no camiño da Bouza a Maxal que dá acceso ás vivendas do núcleo de Faquios e A Casilla. Nos dous casos mellorarase o pavimento e procederase á limpeza de cunetas co fin de facilitar a circulación das augas.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...