HomesociedadeActivada a alerta laranxa por treboadas con sarabia na montaña sur de...

Activada a alerta laranxa por treboadas con sarabia na montaña sur de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo e Ourense ao longo da mañá deste martes.

En concreto, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía, trátase dun fenómeno meteorolóxico que afectará á montaña sur da provincia de Lugo e á montaña de Ourense. Prevense choivas e vento localmente fortes e sarabia de gran tamaño.

Co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos de Protección Civil e clubs náuticos, co obxectivo de que tomen as medidas de protección oportunas.

ÚLTIMAS

“Todo sigue en mí”, un canto de vida detrás da ELA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a...

O Fogar dos Soños, Ensácrate e Viñalert, gañadores do XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Este pasado sábado tivo lugar no Parador de Monforte de Lemos a XI edición...

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a...

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...