HomesociedadeSuspendidas tamén as clases este venres no Courel

Suspendidas tamén as clases este venres no Courel

Publicado o

- Advertisement -

A Comisión Escolar de Alertas decidiu manter para este venres, día 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zona da Montaña de Lugo ante o aviso de fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros. Entre eles está o centro escolar de Folgoso do Courel.

Diso informou a Consellería de Educación nun comunicado, no que explica que a suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnos de 15 centros. Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

Precisamente, a presenza de neve na rede viaria da montaña de Lugo e Ourense deixou o xoves sen poder acudir ás aulas a 867 alumnos de 26 centros educativos das dúas provincias.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación a Europa Press, na provincia de Lugo quedaron sen clase 841 estudantes de 18 centros afectados, 15 deles con clases suspendidas. Mentres, na de Ourense resultaron afectados 26 estudantes de oito centros educativos.

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...