HomeSucesosArde unha casa enteira en Folgoso do Courel

Arde unha casa enteira en Folgoso do Courel

Ningunha persoa resultou ferida.

Publicado o

- Advertisement -

Unha casa resultou totalmente calcinada polo lume á primeira hora deste domingo no municipio lucense de Folgoso do Courel, aínda que sen causar feridos.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 6.00 horas, cando un particular alertou dun incendio nunha vivenda da rúa Deputación, en Folgoso.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Monforte, Protección Civil, GES de Quiroga-Folgoso e Garda Civil. As chamas provocaron que a casa ardese practicamente por completo, informa o 112, aínda que ningunha persoa resultou ferida.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...