HomeComarca de QuirogaContinúa a procura do octoxenario desaparecido desde o mércores en Ribas de...

Continúa a procura do octoxenario desaparecido desde o mércores en Ribas de Sil (Lugo)

Este domingo continúa a procura do octoxenario que permanece desaparecido desde a tarde do pasado mércores na parroquia de San Clodio do municipio lucense de Ribas de Sil, segundo informa o CIAE 112.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo continúa a procura do octoxenario que permanece desaparecido desde a tarde do pasado mércores na parroquia de San Clodio do municipio lucense de Ribas de Sil, segundo informa o CIAE 112.

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participa desde o pasado venres nos labores de procura, nos que tamén colaboran o GES de Quiroga, Protección Civil e catro unidades da Asociación de Cans de Rescate de Galicia, así como a Garda Civil, encargada da coordinación do dispositivo.

O home, veciño desta zona, puido desorientarse mentres paseaba, unha actividade que realizaba habitualmente, segundo apuntaron fontes do operativo, que lembraron que o primeiro día de rastrexo atopouse xunto ao río un xersei do octoxenario.

O CIAE 112 recibiu o aviso ás 16,00 horas do mércores por parte do GES de Quiroga, que comunicou a desaparición do octoxenario após ser alertados pola familia do home.

Desde o inicio da procura atopouse un xersei do octoxenario e o rastrexo prosegue sen novidade. O xoves mergulladores rastrexaron sen resultados a zona do río próxima onde se achou a peza de roupa.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...