HomeComarca de QuirogaQueren preservar a vida do oso no Courel plantando 50.000 froiteiras

Queren preservar a vida do oso no Courel plantando 50.000 froiteiras

A iniciativa está coordinada por LIFE Oso Pardo.

Publicado o

- Advertisement -

Unha iniciativa comezou este mes coa plantación de 50.000 árbores froiteiras na Serra do Courel para mellorar o hábitat do oso pardo nesta zona. A Fundación Ouso Pardo impulsa este proxecto –LIFE Oso Courel– polo que haberá plantacións en montes comunais dos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Quiroga e Samos.

Para a realización dos traballos, que se estenderán ata marzo de 2021, contratouse a unha decena persoas desempregadas da comarca. Estas 50.000 árbores súmanse aos 55.000 xa plantados no outono e inverno anterior. As cuadrillas de traballo están dotadas de todoterreos, remolques e ferramentas.

Desde o mes de outubro, unha máquina xa realiza os traballos de preparación do chan para garantir a boa implantación das árbores e arbustos, sen afectar á vexetación existente. As plantas proceden das sementes recollidas polos técnicos do proxecto LIFE na zona, que foron sementadas en viveiros colaboradores e unha parte das plantas foi producida no Viveiro Forestal de Vos Trollos –Bóveda, Lugo–, pertencente á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

“Esta acción contribuirá a aumentar a dispoñibilidade de recursos para o oso e outras especies no Courel, pero ademais favorecerá a cobertura forestal, a captación de carbono e a protección do chan dos montes e a creación de emprego local”, sinala Fernando Ballesteros, coordinador do proxecto LIFE.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...