HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelO Courel sae á loita contra un macroparque noruego "a metros" de...

O Courel sae á loita contra un macroparque noruego “a metros” de zonas protexidas

Responsabilizan ao Goberno central do dano "irreversible" que podería carrexar o proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Continúa avanzando un dos maiores parques eólicos da historia do territorio galego. Fronte ás explotacións aprobadas pola Xunta de Galicia, que en ningún caso sobardan os 50MW, o Goberno central segue abrindo portas ao macroproxecto da empresa Statkraft, entidade pública dependente do goberno de Noruega que pretende erixir eólicos por un total de 121MW e que afectaría, en parte, a provincia de Lugo.

Esa é a razón pola que a Asociación A Volta Grande do Courel vén de se mobilizar novamente contra este proxecto, que segue superando trámites administrativos. O último, a publicación da solicitude administrativa demandada pola empresa pública. Aínda que, polo momento, este proceso non implica que o parque vaia ser erixido, dende a plataforma alertan do dano “irreversible” que podería provocar no Courel.

Critican, neste aspecto, que o proxecto siga adiante logo de ter recibido “milleiros de alegacións”. Aínda así, avanzará cara o segundo nivel de tramitación: someter a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e o estudo de impacto ambiental do parque Barxas e a súa infraestrutura de evacuación nas provincias de Lugo, Ourense e León.

Este parque, con muíños de máis de 200 metros de altura, non afectaría de forma directa á provincia de Lugo; xa que os eólicos se situarían na comarca do Bierzo. Con todo, estes xigantes atoparíanse a “metros” de zonas protexidas do Courel, implicando un impacto visual que podería afectar gravemente á vida no rural, segundo apuntan dende a plataforma.

LIÑA DE EVACUACIÓN

Por riba, o proxecto da Statkraft si contempla instalar liñas de evacuación da electricidade producida que pasarían por distintos puntos das provincias de Lugo e Ourense: os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, en Lugo, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Larouco, Petín e Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, e Barxas, Oencia, Trabadelo e Veiga de Valcarce en León.

Por esta razón, Volta Grande do Courel fai unha segunda chamada á poboación courelá e galega para continuar a “visibilizar a oposición popular ao proxecto”. A asociación apunta que anunciará en breve novas accións para informar ás veciñas e veciños afectados e sensibilizar a sociedade para protexer a Serra do Courel e a vida no rural, que se verá afectada tanto polos muíños de máis de 200 metros de altura, situados “a metros” da Rede Natura, cun niveis de ruído de ata 106 db, como tamén por esa liña de evacuación eléctrica que “ha causar un grande impacto na montaña e na forma de vida da súa poboación” e pola que responsabilizan directamente ao goberno central do “dano irreversible para o Courel”.

ÚLTIMAS

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante...