InicioComarca de QuirogaDescobren murais achados tras relicarios e cal "de gran valor artístico" na...

Descobren murais achados tras relicarios e cal “de gran valor artístico” na Igrexa de San Estevo

Estiman que data do século XV e XVI pero non descartan que poida ser anterior.

Publicado o

- Advertisement -

O bispado de Ourense presentou os murais achados na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil, cualificados polo delegado episcopal de Patrimonio, Manuel Cuña, como de “gran valor artístico”.

Na igrexa do mosteiro pódense observar seis escenas do Novo Testamento datadas entre os séculos XV e XVI. O achado produciuse ao retirar os armarios relicarios, situados sobre as cadeiras do coro, o que deixou á vista unha pequena parte das pinturas de autor descoñecido.

Non puideran verse antes porque as paredes estaban cubertas de cal, fóra daquelas zonas onde se atopaban os relicarios. O delegado episcopal de Patrimonio do Bispado Ourense, Luís Manuel Cuña, relatou como ocorreu o achado.

“Ao ver que detrás dos relicarios aparecía unha pintura iso leva a pensar que detrás das sillerías tamén habería algo”, expuxo. Por iso, pediron os permisos pertinentes ao á Xunta de Galicia para poder retiralas.

En concreto, realizáronse catro catas no muro dereito, tres delas na pintura orixinal. Baixo sete capas de cal, de diferente grosor e cor, chegouse á policromía orixinal a través da cal se datou o achado.

Aínda que o estiman no século XV e XVI non descartan que poida ser anterior. Ademais, realizouse outra cata nunha pintura intermedia cunha decoración de tons grises imitando un motivo floral.

No muro esquerdo realizouse outra cata que Vania López, a directora do Centro de Conservación e Restauración San Martín encargado do proceso, cualificou de “maior complexidade”, ao apuntar que entre as sete capas de cal ata chegar ao orixinal “a pintura atopábase picada co fin de garantir o agarre dun morteiro groso”.

“Nós non somos historiadores da arte, de datar as obras téñense que encargar os expertos. A nosa misión era seguir o noso instinto, o que nos dicía que había máis do que nun principio se vía e polo en mans de quen o restaure e recupere”, ha expuestoCuña.

Así mesmo, manifestou que se trata dun “descubrimento moi importante” porque “non existen moitas pinturas” murais dese período na diocese e pola calidade que aínda conservan a pesar das capas de cal. “Son escenas de gran valor artístico”, apuntou eldelegado episcopal.

AS ESCENAS

En canto ás escenas, tendo o altar á fronte, ao lado esquerdo pódese apreciar a pintura dunha muller flagelada por un verdugo e a varios mártires entre as chamas cuxas almas están a tentar ser rescatadas por uns anxos.

Debaixo, o martirio de Santa Catalina de Alexandría, quen foi decapitada polo emperador Maximino. Na parte inferior, segundo apuntou López, un dragón.

No lado dereito o mural fai honra ao nome do mosteiro e representa o martirio de Santo Estevo apedreado. Ademais descubriuse a Adoración dos Reis Magos, detallada con policromía, na que se aprecia a San José, a Virxe María e o Neno Jesús recibindo a visita das Maxestades.

Nese mesmo lado aínda tratan de descifrar varias pinturas. “Agora o traballo é o da historiadores da arte”, matizou a restauradora do Bispado, quen ademais, expuxo que o lado dereito “é de mellor calidade” e “viuse menos afectado pola climatoloxía e a humidade”.

Este descubrimento tivo lugar tras o achado, nos relicarios, de catro do nove aneis dos bispos santos enterrados no mosteiro.

ÚLTIMAS

IGV demanda medidas “ante a crise de produtores de uva na Ribeira Sacra”

Interior Galego Vivo explica que "hai unha crise de excedentes de uva na DO...

O PP de Monforte urxe ao arranxo inmediato de varias rúas

Unha das actuacións ás que se comprometeu o goberno local é o arranxo do...

PP e IGV lamentan que a mellora da N-540 non remate ata 2027

O Partido Popular considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do...

5 viaxes ao ano e comidas de 400 persoas, a Asoc. de Pensionista e Xubilados de Pantón segue un plan que funciona

A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pantón fundouse no 2002. Na actualidade conta...