HomesociedadeApoio institucional a AFAMON

Apoio institucional a AFAMON

A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Monforte que antende a 26 persoas entre as comarcas de Quiroga e Monforte recibe 10.000 euros da Deputación para desenvolver talleres de estimulación cognitiva.

Publicado o

- Advertisement -

A asociación que leva en marcha desde o 2001 atende na actualidade a 26 persosas, 19 da comarca de Monforte e 7 da comarca de Quiroga. Ademais da Deputación colabora con AFAMON o concello monfortino, cedéndolles o local e cunha achega económica de 2.000 euros.

Os talleres de AFAMON lévanse a cabo todos os días do ano e teñen por obxectivo mellorar as capacidades dos usuairos e retrasar a dexeneración neuronal. Ademais destes talleres de estimulación cognitiva, AFAMON leva a cabo outras actividades, como visitas culturais a lugares de interés da zona. Unha delas consiste en organizar unha serie de visitas culturais a distintos puntos de interese cultural da comarca ao que a Deputación adica 1.000 euros.

Os talleres de memoria para persoas con alzheimer e calquera persoa maior con interese neles son outra liña de actuación de AFAMON. Estes talleres celébranse nos concellos de Bóveda (6), Monforte (5) e Quiroga (1).

ÚLTIMAS

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...