HomesociedadeDecretada a situación 2 pola proximidade dun lume a vivendas na parroquia...

Decretada a situación 2 pola proximidade dun lume a vivendas na parroquia de Gamiz, en Samos

O incendio é o iniciado en Folgoso polos raios do día de onte.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural decretou a alerta por proximidade dun dos incendios rexistrados en Folgoso do Courel, en Lugo, ao núcleo de vivendas de Gamiz, na parroquia de Santalla do concello limítrofe de Samos.

En concreto, trátase da medida coñecida como Situación 2, na que, segundo explicaron fontes do departamento, medios que traballan nos labores de extinción desprázanse ao lugar para conter as chamas e por se fose necesario desaloxar algunha vivenda.

En concreto, este incendio rexistrouse ás 1,40 horas da madrugada na parroquia de Seceda, en Folgoso do Courel, e afecta a unhas 30 hectáreas. Ademais, neste mesmo concello permanece activo outro incendio na parroquia de Vilamor que calcinou unhas 92 hectáreas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...