HomePolíticaO PP provincial quere saber que pasos está dando a Deputación para...

O PP provincial quere saber que pasos está dando a Deputación para abrir o complexo de Augas Mestas.

Os populares aprobaron, no mes de xullo, unha moción na que se instaba á Deputación a que corrixise as deficiencias existentes que impedían a apertura do complexo

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Provincial do PP rexistrou unha pregunta sobre o complexo de Augasmestas; “cales son as conclusións da reunión mantida co adxudicatario e en qué situación se atopa a súa posta en funcionamento”, para a súa resposta no pleno da Deputación, a través da que se interesa polos pasos que ten dado o goberno socialista na institución lucense para corrixir as deficiencias que están a dificultar e impedir sua apertura.

Os populares lograron a aprobación por unanimidade dunha moción, debatida no mes de xullo, a través da que instaban ao equipo de Goberno da Deputación a que corrixise as deficiencias existentes que impedían a apertura do complexo.

Lembran dende o PP que “os socialistas aseguráronnos no mes de setembro que se reuniran co concesionario e que existían tres posibles proxectos para darlle unha solución definitiva á depuración das augas residuais do complexo, as que aseguraban que estudarían para saber o seu cumprimento normativo”. “Transcorreron dous meses dende aquela, polo que queremos coñecer os avances para que o complexo abra as súas portas o antes posible e máis despois do investimento que se ten feito nel”.

Os populares recordaron que este complexo turístico, que incluía na súa oferta cámping, área recreativa, aparcadoiro para autocaravanas, cafetería, piscina, aseos e duchas, entre outros servizos, foi construído en 1996 e ocupa unha superficie de 10 hectáreas na zona onde o río Lor desemboca no Sil. Posteriormente, no ano 2004 acometíanse obras de ampliación coas que se rehabilitaban varias edificacións e se dotaba ao lugar de cinco bungalós, desde esta ampliación o complexo solo funcionou durante dous anos. Salientan que no ano 2015 que a Deputación adxudicou a xestión deste complexo a unha empresa privada e no 2017 o organismo provincial, executou obras nestas instalacións turísticas, coa finalidade de repoñer os elementos afectados polo vandalismo e arranxar os aqueles afectados polo paso do tempo, pero, a pesar disto, o complexo de Augas Mestas non volveu abrir as súas portas dende entón.

 

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presenta un programa de asesoramento especializado para os 10 proxectos finalistas

O programa presentábase este mércores no Parador de Turismo de Monforte por parte da...

Sarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Música, literatura, activismo e gastronomía conxúganse no programa deste encontro pensadoo para convocar público...

514 prazas para o ‘Programa Deportivo de Verán’ do Concello de Monforte

A edición do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte conta...

Presentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino de Monforte

Este sábado 17 de maio, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos será o...