HomesociedadeO 19 de xullo a D.O. Ribeira Sacra celebra a XXVIII edición...

O 19 de xullo a D.O. Ribeira Sacra celebra a XXVIII edición dos seus premios anuais

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, en colaboración co Concello de Monforte, anuncia a celebración da XXVIII edición dos seus premios anuais, un evento destinado a recoñecer a excelencia na produción de viños desta rexión

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O precintado dos viños que participan da cata farase este mércores, 17 de xullo. O día 18 de xullo farase a precata para rematar coa cata a cegas o día 19, na que participará o panel de cata oficial da Ribeira Sacra. Este panel está composto por expertos enólogos e catadores certificados, cuxa misión é asegurar a máxima calidade e autenticidade dos viños da denominación de orixe. A cerimonia de entrega de premios terá lugar o próximo 19 de xullo de 2024, ás 19:00 horas. Seguidamente, celebrarase un cóctel para os asistentes.

As adegas inscritas na D.O. Ribeira Sacra están invitadas a presentar os seus mellores viños para competir en tres categorías principais: tintos, brancos e outras anadas. Dentro das categorías de tintos e brancos, os premios outorgaranse en tres niveis: ouro, prata e bronce. Na categoría de outras anadas, recoñeceranse tres viños coa medalla de ouro.

O Consello Regulador espera contar coa presenza de todos os interesados no mundo do viño, nun evento que celebra non só a calidade dos viños da Ribeira Sacra, senón tamén o arduo traballo e a dedicación dos seus produtores.

ÚLTIMAS

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...