HomesociedadeLópez Campos traslada aos representantes da Ribeira Sacra a intención de acadar...

López Campos traslada aos representantes da Ribeira Sacra a intención de acadar o Patrimonio da Humanidade no 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, móstrase convencido de que a candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra acadará o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial no vindeiro ano 2026. Así o manifestou esta semana nun encontro celebrado na Peroxa ao que asistiron unha trintena de alcaldes e representantes locais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O titular de Cultura do Goberno galego resaltou que se continúa “poñendo o foco na participación cidadá, implicando tanto aos concellos e outras institucións como aos diferentes axentes económicos e sociais deste territorio e á propia veciñanza”. Así, segundo explicou, “para a Xunta é esencial que todos os entes poidan facer o seus comentarios e transmitir as súas inquedanzas ao redor da candidatura e o que vai supor para a zona”.

Tal e como lembrou López Campos, esta xuntanza foi convocada para “valorar o momento no que nos atopamos, escoitar e recoller aportacións encamiñadas ao ben común, para que xuntos poidamos desenvolver a mellor proposta”. Tamén aproveitou para recordar, nesta mesma liña, que durante este verán xa se celebraron varias reunións, tanto sectoriais como veciñais, das que xa se puido recompilar información relacionada, entre outros aspectos, co eido vitivinícola, a hostalería, o turismo ou a conservación do medio natural.

O percorrido da candidatura

No mes de abril o Consello do Patrimonio Histórico (órgano de coordinación do Goberno central e as comunidades autónomas) daba a coñecer a decisión unánime de que a candidatura Ribeira Sacra sexa a proposta de España para a súa remisión á Unesco.

Desde entón abriuse unha nova fase de traballo para cumprir con todas as directrices e elaborar a documentación definitiva para a unha primeira entrega o vindeiro mes de setembro e a seguinte en febreiro de 2025 no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco de París. Alí será avaliado polos órganos consultivos antes da súa valoración no Comité do Patrimonio Mundial, que ten prevista a súa sesión para o segundo semestre do ano 2026.

Desta maneira, continúa un proceso para o que conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude quixo dar folgos a todas as institucións e entidades implicadas confiando, dixo, “en conseguir ese recoñecemento para unha das maiores riquezas patrimoniais de España a nivel paisaxístico, cultural e enogastronómico”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...