HomesociedadeO paro diminúe en marzo en todas as comarcas do sur de...

O paro diminúe en marzo en todas as comarcas do sur de Lugo, agás na de Quiroga

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora moi positivamente os datos do paro do mes de marzo nas comarcas de Lugo Centro Sur xa que diminuíu en 68 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo CCOO, os datos do Paro en Lugo Centro Sur son de 2.731 persoas paradas (-68). Na Comarca Lemos 1.341 (-22), na de Chantada 447 (-18), na Comarca Sarria 726 (-31) e na Comarca Quiroga 217 (+3). Desde CC.OO destacan o bo comportamento de todas as comarcas excepto Quiroga que aumentou en 4 parados na cabeceira de comarca.

Comarca Lemos

  • Bóveda 41 (+3)
  • Monforte de Lemos 962 (-25)
  • Pantón 82 (-4)
  • A Pobra do Brollón 61 (=)
  • O Saviñao 127 (+9)
  • Sober 68 (-5)

Comarca de Quiroga

  • Folgoso do Courel 36 (=)
  • Quiroga 142 (+4)
  • Ribas de Sil 39 (-1)


Comarca de Chantada

  • Carballedo 53 (+2)
  • Chantada 319 (-16)
  • Taboada 75 (-4)


Comarca de Sarria

  • O Incio 41 (+1)
  • Láncara 80 (=)
  • Paradela 17 (+1)
  • O Páramo 25 (=)
  • Samos 20 (-4)
  • Sarria 530 (-27)
  • Triacastela 13 (-2)

Desde o Sindicato destacan os bos datos dos concellos de Monforte Monforte de Lemos 962 (-25), Sarria 530 (-27) e Chantada 319 (-16). E apuntan os malos datos do paro de concellos como O Saviñao 127 (+9), Quiroga 142 (+4) e Carballedo 53 (+2).

Os sectores con mellor comportamento foron (servizos, construccion, industria) CC.OO lamenta, un mes máis, os abusos e a explotación que seguen dándose no comercio e hostalería. Desde A Secretaría de Acción Sindical destacan como o máis positivo o aumento da contratación indefinida, “pero seguiremos vixiantes coa situación de moitos mozos que seguen sendo os máis prexudicados, xa que traballan xornadas de (10 e 12 horas), sen remuneración algunha nin os descansos correspondentes”.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...