HomeMedio ambiente e PatrimonioO Courel en xuño, un espectáculo para os sentidos

O Courel en xuño, un espectáculo para os sentidos

Durante os mes de xuño celebrarase o Congreso Histórico máis importante da Serra do Courel

Publicado o

- Advertisement -

A Serra e contorna do Courel é para os biólogos o lugar da terra con maior biodiversidade de Galicia, algo que se nota na paisaxe nada máis aproximarse á zona. Aquí están presentes todas as especies vexetais galegas de interior ó abeiro do seu relevo complexo e do seu clima frío e suave. Con 21.000 hectáreas de extensión entre vales e serras fan que os seus montes sexan o fogar para diversos ecosistemas provocando para moitos que esta sexa a reserva botánica máis importante de Galicia. Por todo isto é ben afirmar que O Courel é o un espazo privilexiado.

A zona ten tal riqueza que ademais  das montañas repletas de neve durante o inverno, hai que sumarlle castelos e castros trepando polas serras, ferrerías, muíños, igrexas e un sinfín máis de construcións emblemáticas dignas dos visitantes. Zona singular polo seu poboamento de montaña, na actualidade aínda conserva un cultural material única en Galicia. Historicamente foi un dos lugares de Europa de maior produción artesanal de castañas, posúe unha singular industria do ferro explotada dende a época romana e é o epicentro da poesía galega, pois nel naceron figuras de renome como Uxío Novoneyra.

Este mes de xuño O Courel vai ser o protagonista representando o papel da súa historia e da súa natureza. Entre as súas montañas vanse celebras 2 actos únicos na Estación Científica do Courel, na parroquia de Seoane do Courel: o Seminario sobre o Patrimonio Cultural do Courel  os días 8, 9 e 10 onde se analizará a cultura da rexión e o Bioblitz Courel que se fará os días 16 e 17, que pretende ser un prospección como nunca antes se fixera sobre o patrimonio cultural da comarca.

seminario sobre o patrimonio cultural do courel

O seminario conta co selo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018 e recorrerá os lugares de valor etnográfico, arqueolóxico e histórico da comarca. O seu obxectivo será divulgar os valores e datos dispoñibles sobre o patrimonio inmaterial.

Este encontro terá vocación teórica e de análise, que se fará nas xornadas de mañá, e polas tardes está programado realizar actividades a ceo aberto. Haberá visitas ó castelo de Carballedo, á ferrería de Seoane, unha ruta guiada polo monte Cido, a proxección do documental “Tempo” de Manuel Valcarcel así como música, baile e poesía.

Entre os poñentes que asistirán están Uxío Novo Rei, Miguelanxo Lar, Xesús Alonso Parada, Francisco Javier Sánchez-Palencia, Xosé Santiago Allegue Fernández, Enrique Alcorta Irastorza e Pegerto Saavedra Fernández.

A inscrición para acudir ó seminario será a través da páxina web da USC

bioblitz courel

Durante este evento levarase a cabo un inventario biolóxico durante 24 horas co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en varios espazos representativos dalgúns dos hábitats emblemáticos da zona.

Para acudir, previamente deberase facer unha inscrición no enderezo electrónico proxecto.micoloxia@usc.es do 7 ó 12 de xuño.

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...