Tres persoas tiveron que ser rescatadas polos servizos de emerxencia despois de perderse mentres facían unha ruta de sendeirismo na localidade luguesa de Folgoso do Courel.
Unha dela “atopábase debilitada”, polo que os profesionais sanitarios tiveron que atendela no lugar e despois trasladala ata o centro hospitalario de referencia. Isto impediu aos outros dous senderistas saír de alí polos seus propios medios e tamén foron acompañados polos equipos que interviñeron.
O 112-Galicia informou que recibiu unha chamada alertando do sucedido ás 16,30 horas do sábado. Unha moza, e outras dúas persoas, solicitaron axuda ao atoparse perdidas no medio da ruta de Devesa de Rogueira.
Na chamada explicou que iniciaron o seu traxecto e foron sorprendidas pola neve, o que as desorientó e impediulles seguir o camiño. Ademais, unha das sendeiristas necesitaba asistencia sanitaria.
Tras recibir esa información, os servizos de emerxencias pediulle á moza que chamara que lle enviase as coordenadas para que Urxencias 061 puidese chegar á zona. Tamén foron avisados a Garda Civil, o GES de Quiroga e os membros de Protección Civil da localidade.
Ao mesmo tempo, persoal do concello e veciños de Folgoso do Courel sumáronse ao operativo de procura e foron eles os que facilitaron aos sanitarios acceder ata o punto onde se atopaba o grupo, xa que a acumulación de neve dificultaba chegar ata eles.
Despois de case catro horas, preto das 20,00 horas, os efectivos que participaron no operativo conseguiron alcanzar aos senderistas e guialos de volta ao municipio lugués.