HomeMedio ambiente e PatrimonioFolgoso xa conta co Novo Centro de Interpretación das Covas do Courel

Folgoso xa conta co Novo Centro de Interpretación das Covas do Courel

Publicado o

- Advertisement -

O Centro de Interpretación das Covas do Courel naceu, en Meiraos, ca intención de ser un recurso turístico de primeira magnitude que non só poña en valor o rural da zona, senón que contribúa a impulsar a actividade comercial e o emprego desta localidade, grazas á chegada de visitantes e especialistas interesados en coñecer o patrimonio cultural. Nas súas diferentes salas, totalmente rehabilitadas serven de contedor dunha multitude de información sobre as características, historia e curiosidades das cavidades das Montañas do Courel. Deste xeito, os que alí se acheguen poden ver, tocar e comprobar, con distintos elementos e tecnoloxías audiovisuais, como se formaron as covas, a bioloxía presentas nas mesas, a descrición do seu valor paleontolóxico e arqueolóxico e obter unha visión das mesmas dende o punto de vista da espeleoloxía e o acceso a través de barrancos.

Este novo recurso do Folgoso, ven a completar unha rede que ten como obxectivo dar a coñecer o inmenso tesouro natural que hai na zona, e, en particular, que aspira a recibir o recoñecemento mundial como xeoparque da UNESCO.

A alcaldesa de Folgoso, Lola Castro, avanzou co Concello está traballando na organización dunhas xornadas de portas abertas que se anunciarán nas videiras e que permitirán a todos os veciños do xeoparque coñecer, difundir e promocionar as Covas do Courel.

O novo proxecto fíxose realidade tras acadar un acordo entre distintas entidades administrativas que permitiu a achega de 75.000 euros, dos cales, 40.000 proceden dun convenio de colaboración asinado ca Consellería de Cultura e Educación, 24.000 foron aportados polo Grupo de Desenvolvemento Rural da zona e os restantes 11.000 foron achegados directamente polo Concello.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...