O dispositivo traballa en despexar de neve e retirar as árbores caídas en máis de oitenta estradas de 12 Concellos que discorren, sobre todo, pola Montaña lucense (Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Folgoso do Courel e Navia de Suarna, principalmente) e tamén da zona sur da provincia, con incidencia importante nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio.
Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un, o que fai un total de 420 toneladas, para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.
No sur as estradas afectadas son as seguintes:
– Folgoso de Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, da Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarela e Teixeira á estrada de Samos a Courel e o acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro pola Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Courel e Rampa a Santa Mariña.
– O Incio: LU-P-2505, de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a A Cervela; LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal; LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata a LU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio; LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; e LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo.
– Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, da Cruz de Outeiro, pola Seara e Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
– Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Lóuzara a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Courel e Rampa de Santa Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Lóuzara.