Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto, contablizando 2668 persoas apuntadas no Sepe, “sendo unha das causas o alto número de novos demandantes como consecuencia da gran regularización. A parte positiva é a porcentaxe de compañeiros que cobran prestacións superando a 87% cifra esta nunca alcanzada en toda a historia do Inem”. CC.OO tamén valora o alto número de empregadas de fogar, que se deron de alta na seguridade social “despois de levar anos nun estado de precariedade absoluta e traballando 24 horas”.
CCOO destaca os datos do sector construción e do industrial e o mal comportamento do sector servizos e agrogandeiro. Os concellos cos peores datos seguen sendo Monforte con 43 parados máis superando os 1003, Sarria con 544, 28 máis e Chantada con 326, 29 máis. Os concellos co mellor comportamento, O Incio 33, baixa en 3 o mesmo que Triacastela con 7, Bóveda con 35 baixa 4 e A Pobra do Brollón con 50 desempregados, baixoi 1..
Paro comarca de Lemos 1337 (+48):
- Bóveda 35 (-4)
- Monforte de Lemos 1003 (+43)
- A Pobra do Brollón 50 (-1)
- Sober 48 (+1)
- O Saviñao 124 (+8)
- Pantón 77 (+2)
Paro comarca de Quiroga 181 (+19):
- Folgoso do Courel 20 (+2)
- Quiroga 131 (+12)
- Ribas de Sil 30 (+2)
Paro comarca de Chantada 434 (+34):
- Taboada 58 (+2)
- Chantada 326 (+29)
- Carballedo 50 (+3)
Paro comarca de Sarria 716 (+30):
- O Incio 33 (-3)
- Láncara 68 (+5)
- Paradela 17 (+4)
- O Páramo 22 (-1)
- Samos 25(=)
- Sarria 544 (+28)
- Triacastela 7 (-3)
CC.OO segue alertando de fraude no rexistro horario, “seguen sendo centos de traballadores con xornadas de 12 horas en hostalería e comercio”.

