HomePolíticaC@urel Vivo quere que se manteñan os cuarteis do rural

C@urel Vivo quere que se manteñan os cuarteis do rural

C@urel Vivo presentará unha moción ó Ministerio de Interior para que se manteñan as pernoctas no Cuartel da Garda Civil do Courel e que o resto do edificio se lle ceda ó Concello.

Publicado o

- Advertisement -

A formación de Óscar Carrete quere que non se quiten os cuarteis das zonas rurais porque se deixaría o servizo de gardas máis cercano, a unha hora e media dalgunhas aldeas e supón unha constante perda de servizos no rural. Lembran que a comezos deste ano xa solicitaron que os axentes da Garda Civil pernoctasen no Concello e se cedesen os dous andares do edificio que non se usaban, para usos sociais. Desde o Ministerio contestouse a través do concello que non era seguro darlle ese uso ás instalacións, o que para C@urel Vivo foi entendido como unha escusa para pechalo.

Con esta nova moción C@urel Vivo pide que non se quiten os cuarteis das zonas rurais para non seguir deixando sen servizos sempre ós máis desfavorecidos. Lembran desde C@urel Vivo que recentemente houbo furtos no Courel e que a alcaldesa facía unhas declaracións desde Lugo, polo que a acusan de que se esté normalizando o gobernar o Courel desde fóra do Courel.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...