InicioComarca de QuirogaO incendio de Quiroga deixa sen fibra óptica e sen teléfono aos...

O incendio de Quiroga deixa sen fibra óptica e sen teléfono aos núcleos de Seoane e Folgoso

Os técnicos traballan para tentar restablecer o servizo, que non se prevé que volva ata este mércores.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio forestal orixinado na madrugada do luns na parroquia do Hospital do municipio lucense de Quiroga provocou danos na fibra óptica que fornece de Internet aos núcleos poboacionais de Seoane e Folgoso do Courel.

O cableado ardeu e provocou tamén que, nalgúns casos, non funcione o teléfono fixo. “No Concello o teléfono fixo tampouco funciona. Para manter os servizos a través de Internet prestáronnos un wifi”, confirmou a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dores Castro.

A maioría dos negocios da zona tamén se atopan sen servizo, polo que ven alteradas as súas funcións. Desde o concello confían en que o servizo poida estar reestablecido “este mércores”.

En concreto, o lume, que se orixinou na madrugada do luns, quedou extinguido ás ás 2,13 horas deste martes e afectou a un total de 16 hectáreas, conforme precisou a Consellería de Medio Rural.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...