HomesociedadeFormación no Courel sobre produción de cogomelos en tronco de carballo e...

Formación no Courel sobre produción de cogomelos en tronco de carballo e de castiñeiro

A iniciativa parte da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e o curso desenvolverase entre o venres 12 e o domingo 14 de novembro na Estación científica de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar a semana que vén en Folgoso do Courel un curso sobre produción de cogomelos en troncos de castiñeiro e de carballo.

A iniciativa está programada entre o venres 12 de novembro e o domingo 14 na Estación científica desta localidade lucense, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 h., cun total de 20 horas lectivas.

OBXECTIVOS DO CURSO

A formación, impartida polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, ten como obxectivo dar a coñecer esta posibilidade produtiva compatible coa explotación da madeira e co aproveitamento da castaña, dado o pouco investimento inicial preciso para introducirse no mercado dos cogomelos.

No programa contémplanse contidos sobre as distintas especies de cogomelos que se cultivan en troncos, así como sobre a produción, a colleita e a postcolleita, entre outras cuestións. O curso inclúe un taller de inoculación de shiitake e outro de inoculación de cogomelo ostra.  

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A acción formativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

PARA FORMALIZAR RESERVA E VER OUTROS CURSOS

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes. Deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.es  e consultar calquera dúbida no teléfono o 881 881 043.

ÚLTIMAS

A doutora Mª José Martín, relatora nun prestixioso congreso sobre cirurxía bucal

A Doutora Mª José Martín, coñecida polo seu labor ao fronte dunha clínica odontolóxica...

Accidente de tráfico na Pobra do Brollón

O ocupante dun turismo tivo que ser liberado ao quedar atrapado polos pés tras...

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...