HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelNova estrada provisional en Folgoso do Courel logo do derrube na LU-651

Nova estrada provisional en Folgoso do Courel logo do derrube na LU-651

Estará lista no verán e servirá de remedio provisional mentres se analizan as distintas posibilidades para unha solución definitiva.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta investirá 770.000 euros na construción dunha nova estrada que servirá de solución “provisional” para o tramo afectado polo derrube na LU-651, rexistrado o pasado 20 de marzo na principal vía de acceso ao municipio de Folgoso do Courel.

A actuación, segundo detallou o resposnable da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, en resposta a unha pregunta formulada por Carmen Aira (BNG) na Comisión 2ª do Parlamento; estará lista no verán e servirá de remedio provisional mentres se analizan as distintas posibilidades para unha solución definitiva.

Ante a previsión de que esta actuación definitiva demórese no tempo pola “dificultade” que presenta a construción nunha zona montañosa que, ademais, goza dunha etiqueta de protección especial, a Administración autonómica decidiu levar a cabo un desvío que remontará a ladeira.

Segundo Menéndez, trátase da “alternativa máis eficiente a curto prazo” para garantir a conexión por vía terrestre do principal núcleo habitado do concello. A previsión da Xunta é que os traballos se inicien no mes de maio e que estea lista no verán.

SOLUCIÓN DEFINITIVA

En canto á solución definitiva para o arranxo do tramo, o responsable da Axencia Galega de Infraestruturas sinalou que a consellería realiza sondaxes xeotécnicos na zona para o estudo do estado do terreo.

Esta análise é o primeiro paso cara á elaboración de propostas, entre as que se barallan un viaduto para salvar o tramo de vía desprendido, a construción dunha estrada en falso túnel ou en desmonte ou a execución dun tunel duns 400 metros.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...