HomeMedio ambiente e PatrimonioO PSdeG denuncia ante a Eurocámara o "deixamento" da Xunta cos espazos...

O PSdeG denuncia ante a Eurocámara o “deixamento” da Xunta cos espazos naturais do Courel

Os socialistas lembran que "a Comisión abriu un expediente pola mala xestión de Rede Natura en Galicia", un expediente que leva sen resolución sete anos.

Publicado o

- Advertisement -

O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, rexistrou unha pregunta ante a Comisión Europea para denunciar o “incumprimento” da Xunta das normas de protección do Courel tras o incendio de máis de 11.000 hectáreas que afectou este verán a esta zona natural.

Así, lembra que “a Comisión abriu un expediente pola mala xestión de Rede Natura en Galicia“, un expediente que leva sen resolución sete anos –iniciado en 2015–, a pesar de que “a inacción na xestión se evidencia ante catástrofes como o recente incendio do Courel”.

Deste xeito, pregúntase se a Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares/O Courel conta con instrumentos de ordenación e xestión adecuados á directiva. Nesta liña, González Casares interpela á Comisión Europea polo “reiterado deixamento do Goberno galego” no coidado de espazos naturais.

E é que advirte da “insuficiencia” de planificación, ordenación, xestión e conservación de Rede Natura, o que “está entre evidentes causas de incendio en espazos protexidos”.

Finalmente, o eurodeputado alerta de que Galicia “apenas ten cuberto como Rede Natura un 12% do seu territorio fronte ao 27% de España”. “É, ademais, a comunidade autónoma española con menor superficie protexida tras Melilla, e a que menos aumentou Rede Natura desde 2004”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...