InicioMedio ambiente e PatrimonioUn monolito lembra que os primeiros documentos de Galicia atopáronse no Monte...

Un monolito lembra que os primeiros documentos de Galicia atopáronse no Monte Cido do Courel

Este venres, 26 de outubro, presentábase no Monte Cido o monolito que lembra a aparición das primeiras mostras de escritura documental romana no Noroeste peninsular.

Publicado o

- Advertisement -

A mediados do século XX atopáronse os tres documentos escritos máis antigos da primitiva Gallaecia, dous deles en terras do Folgoso do Courel e o terceiro en Bembibre (León), segundo a catedrática de Historia da Arte da USC, Ana Goy Diz. Para Ana Goy, o achado deste primeiros documentos escritos no noroeste peninsular de Hipania é un feito moi importante porque supón para “ o territorio de Gallaecia pasar da Prehistoria á Historia”.  

Precisamente para dar relevancia a este fito histórico colocouse o monolito, unha iniciativa promovida polo catedrático e profesorad honoremda USC, Antonio Rodríguez Colmenero, e impulsada a través do Centro de Estudos de Historia da Cidade,  plataforma de investigación da USC con sede na Facultade de Humanidades do campus de Lugo.

Aqueles primeiros escritos atopados achegan información útil respecto de como se produciu a entrada dos romanos en Galicia. Daquela, indica Goy, os escritos plasmados nas táboas de bronce aluden a pactos de hospitalidade entre os romanos e a poboación que xa ocupaba os castros. “É dicir, estes pactos de hospitalidade apuntan cara unha colonización de amizade, non só unha invasión pola  forza”, comenta.

No acto inaugural deste 26 de outubro participaron a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, o vicedecano da Facultade de Humanidades, Gonzalo Fernández Suárez; a Xefa Territorial en Lugo da Consellería de Cultura, María José Gómez; profesionais e responsables do Servizo de Arqueoloxía do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, ademais dos promotores, xa nomeados, e doutras autoridades políticas castelás.

Monte Cido / XdL

Moitas teorías apuntan ao monte Cido como o monte Medulio, o mitolóxico lugar no que o invasor romano superou ás tribus galaicas, no seu avance conquistador. Sexa como fora, 2000 anos despois deste feitos, o monolito recorda o momento no que Galicia entrou na Historia.

Unha montaña de oportunidades

Estación Científica do Courel foi lugar visitado polas autoridades que participaron do acto inaugural do monolito conmemorativo e é o escenario no que o día 27 se celebran as xornadas de agroecoloxía ‘Unha montaña de oportunidades’. 20 persoas participan desta actividade que pretende  favorecer o debate e a reflexión desde a perspectiva da agroecoloxía no deseño de agroecosistemas con criterios ecolóxicos.

O profesor da USC e vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (Seae), Xan Neira Seijo, abrirá a quenda de relatorios cunha intervención na que afondará sobre as oportunidades que depara a agroecoloxía. De seguido, o consultor agroecolóxico Franco Llobera, tratará cuestións referidas ao deseño de políticas sociais acaídas para o impulso de procesos de desenvolvemento comunitario.

Os indicadores da calidade dos solos para avaliar a súa fertilidade, e a biomímese como ciencia imitadora da vida son os temas sobre os que disertarán Claudia Hidalgo e Jorge Etchevers, do Colexio Posgraduados de México. Xa en quenda de tarde, Llobera afondará sobre a intelixencia territorial e colectiva, os planos de desenvolvemento rural e o deseño de políticas públicas.

O director da Estación Científica do Courel e catedrático da USC, Antonio Rigueiro, ofrecerá neste foro unha charla baixo o título ‘Sistemas silvopastorais: unha práctica agroecolóxica’. De seguido, a tamén catedrática da USC e coordinadora do proxecto europeo Afinet, Rosa Mosquera, pechará a quenda de intervencións cun relatorio sobres sistemas agroforestais e cambio climático.

 

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...