HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelCantos de Taberna no Courel

Cantos de Taberna no Courel

O acontecemento festeiro será este sábado 30 de setembro e contará coa participación de 14 agrupacións musicais e 7 locais do Concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Xuvenil Buraca das Grellas de Teixeira do Courel organiza unha xornada de Cantos de Taberna o vindeiro sábado 30 de setembro no Courel, concretamente nas poboacións de Seoane, Esperante, Ferreirós, Vilamor e Santa Eufemia.

Dende as 19:00 h. haberá ambiente de música e cantos tradicionais en 7 locais do concello de Folgoso do Courel rematando a troula unha foliada final a partires das 23:00 h. no Bar Anduriña  de Seoane.

Os locais que participan nesta V edición son os seguintes: Bar Pombo (Seoane), Bar Anduriña (Seoane), Bar Rafael (Seoane), Acampamento (Esperante), O Pontón (Ferreirós), Bar Pepe ( Sta Eufemia) e A Cova das Mouras (Vilamor). Todos os establecementos terán camisolas á venda para colaborar co evento.

No apartado musical chegan ao Courel 14 agrupación de música tradicional de diferentes lugares de Galicia, calculando que en total a presenza de forasteiros alcance as 140 persoas.

Dende a asociación organizadora desta xuntanza “animan a toda a xente a ir, xa que fará bo tempo e poderemos escoitar moita música de raíz nun lugar privilexiado como é o Courel”.  Tamén colabora no evento a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...