HomeMedio ambiente e PatrimonioSemana de visita de avaliadores da UNESCO ao Xeoparque Montañas do Courel

Semana de visita de avaliadores da UNESCO ao Xeoparque Montañas do Courel

Esta semana os avaliadores da UNESCO, Catherine Posthumus (Holanda) e Mikko kiuttu (Finlandia), desenvolven unha nova misión de revalidación do Xeoparque Montañas do Courel. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os representantes da UNESCO foron recibidos polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera. Recentemente chegados os avaliadores mantiñan unha reunión de traballo co staff do Xeoparque na que se facía unha presentación xeral do territorio, da xestión do Xeoparque e das obras realizadas para abordar as recomendacións de 2022 para a reválida

Así ata o venres, os avaliadores coñecerán o traballo realizado nestes dous úiltimos anos, no que trala revalidación de 2022, houbo que aplicar unha serie de recomendacións das que poderán comprobar os avances. O programa inclúe reunións de traballo co staff do Xeoparque. Esta noite terán en Quiroga unha cea con representantes institucionais e co tecido asociativo do Xeoparque.

Algunhas das recomendacións recibidas no Xeoparque, na anterior avaliación, correspondíanse coa mellora da sinalización do Xeoparque nas entradas ao territorio, adaptación do Logo Xeoparque ás novas normas UNESCO, incorporación na estratexia do xeoparque do cambio climático e os megaincendios, emprego de idiomas nos paneis de interpretación e material divulgativo, mellora da estructura de xestión do Xeoparque (contratación xeocientífico), fortalecemento da estructura de financiamento do xeoparque, e proxectos educativos.

Visita avaliadores da UNESCO ao Xeoparque Montañas do Courel / Facebook Concello de Quiroga

Contémplanse tamén numerosas visitas polo territorio que os levarán a coñecer o museo xeolóxico, o museo etnográfico, o centro de interpretación da minaría aurífera romana, ocentro interpretación do río Sil, Montefurado, ruta dos miradoiros en Ribas de Sil, Aldea Paleozoica da Seara, Fervenza de Vieiros, Aldea Paleozoica de Seceda, Castro da Torre, Oficina turismo de Folgoso do Courel, Mirador de Alto do Boi, Miradoiro de Campodola ou o proxecto educativo do CEIP de Quiroga. 

Visita avaliadores da UNESCO ao Xeoparque Montañas do Courel / Facebook Concello de Quiroga

A visita dos avaliadores rematará cunha festa de despedida na Praia Fluvial de San Clodio con música local e para o que está convocada a poboación do Xeopraque para un gran acto de despedida a partir das nove e media da noite.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...