HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelCorte por obras para mellorar a estrada LU-651 no Courel

Corte por obras para mellorar a estrada LU-651 no Courel

O avance nas obras de mellora da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel fará necesario un corte puntual de tráfico a partir do 27 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este peche de circulación afectará en concreto ao tramo entre Ferrería Nova e Seoane –entre os puntos 31+300 e 33+300– e realizarase durante as primeiras semanas do verán en días laborables dende as 8:30 ás 19 horas. O corte levarase a cabo coincidindo co remate do curso co fin de non afectar ao transporte escolar.

O corte é necesario para avanzar nos traballos de maior afección. Ademais, na segunda quincena de xullo prevese iniciar a ampliación das dúas pontes do treito, o que requirirá do corte total previsiblemente durante o resto do verán. Nese tempo realizaranse nestas pontes a cimentación, execución de estribos, colocación de estruturas, barreiras ou firme para que se poida restablecer de novo o tráfico cando comece o curso escolar.

Unha vez acometidos os traballos citados anteriormente, procederase ás accións de pavimentación e sinalización, xa compatibles co tráfico.

A Xunta prevé rematar no outono estas obras de mellora da estrada LU-651 coa previsión de que se invistan 3,4 millóns de euros.

PROXECTO DE MELLORA INTEGRAL DA ESTRADA LU-651

Estas actuacións enmárcanse na mellora integral que impulsa o Goberno galego na estrada LU-651 (Quiroga-Seoane) no tramo de 12 quilómetros entre a saída de Folgoso e Seoane do Courel, cun orzamento global de 9,6 M€.

De xeito paralelo a Xunta avanza na redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento desta estrada, entre a saída de Folgoso e a saída da travesía que atravesa o núcleo de Ferrería, cun investimento que superará os 6 M€.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...