HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelCarrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

Carrilanas e xogos tradicionais en Folgoso do Courel

O concello celebra este sábado 20 de xullo a 'Festa da Cultura e a Tradición'.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Un ano máis, o Concello de Folgoso do Courel dedícalle unha xornada ás tradicións coa organización dunha baixada de carrilanas e xogos populares. E todo completado con artesanía, música e gastronomía para toda a familia no fermoso Souto da Carroza.

Será o 20 de xullo e a xornada comeza ás 12:30 h. coa ‘Baixada de Carrilanas’ dende o antigo colexio e ata a Praza do Fondo da Vila. Esta actividade vaise animando ano a ano coa presenza de máis vehículos enxebres.

Ás 14:00 h. terá lugar a apertura da Feira de Artesanía e unha exposición de xogos tradicionais no Souto da Carroza. No recinto tamén se poderán atopar produtos gastronómicos e servizo de polbo e churrasco.

Para as 15:00 h. está programada a actuación do grupo tradicional ‘O Ventosiño’ e ás 16:00 comezara o Campionato de Xogos Tradicionais que contará cos seguintes: arrebolamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón…

Ás 20:00 h. terá lugar a entrega de trofeos aos mellores de cada un dos xogos populares rurais devanditos.

CEA POPULAR E MÚSICA

Chegada a noite, ás 21:00 h. haberá unha Cea Popular a base de panceta e empanada na Praza do Concello, e ás 22:00 música a cargo do Dúo Explosión.

O fin de festa correrá a cargo da banda quiroguesa “Mario Colomán & The Clocks Band”, que actuarán ás 23:00 h.; e o Dúo Explosión a continuación destes.

Organiza a Asociación Cultural a Coroa xunto co Concello de Folgoso do Courel. Colaboran a Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e o Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...