HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelFolgoso do Courel celebra a 'Festa da Castaña'

Folgoso do Courel celebra a ‘Festa da Castaña’

Será este sábado 2 de novembro e contará cunha gran ambientación musical que rematará co concerto da banda "Gin Toni's". Ademais do tradicional magosto, pola tarde, haberá unha cea popular a partir das 21:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A “Festa da Castaña” de Folgoso do Courel está considerada como Festa de Interese Turístico de Galicia, e ese ano alcanza a súa 35ª edición.

Rendendo tributo a un dos seus produtos autóctonos por excelencia, a excepcional castaña do Courel, o concello presenta un amplo programa de actividades durante todo o día. Pola mañá, ás 12:00 h., comezará xa a festa coa música da agrupación Courelouzara e unha primeira degustación de castañas e viño para os asistentes.

Ás 13:30 h. terá lugar o pregón a cargo do cociñeiro Kike Piñeiro, do restaurante A Horta d’Obradoiro de Santiago de Compostela. A continuación entregaranse os trofeos do V Concurso de Tapas Castaña do Courel que tivo lugar en datas anteriores.

Chef Kike Piñeiro. Foto: Linkedin.

Xa pola tarde, ás 15:00 h. actuación do grupo tradicional Os Galoieiros, chegados grazas ao ciclo Tradigalu que impulsa a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e ás 17:00 actuación do grupo quirogués O Recanto e a charanga Nova de Trives. Neste punto farase unha nova degustación de balde de castañas asadas e viño para as persoas asistentes.

Grupo tradicional O Recanto. Foto: Concello de Folgoso do Courel.

Pola noite, a partir das 21:00 h. cea popular nunha carpa e a continuación actuación do dúo La hora bruja. O prato forte a noite, o concerto do grupo Gin Toni’s ás 24:00 h.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...