Homesociedade'Curso de Orientación en Montaña no Courel' organizado pola Asociación Micolóxica Lactouros

‘Curso de Orientación en Montaña no Courel’ organizado pola Asociación Micolóxica Lactouros

Será do 4 ao 6 de abril e celebrarase en Paderne do Courel. Conta coa colaboración de Coureleando S.C.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Lactouros vén de anunciar unha nova iniciativa formativa, neste caso a realizar nas Montañas do Courel. Trátase dun Curso de Orientación e Sendeirismo en colaboración con Coureleando S.C., dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a desprazarse con seguridade pola montaña, interpretando o terreo e utilizando a brúxula correctamente.

As datas de realización serán do 4 ao 6 de abril e o lugar Paderne de Courel. A actividade, ademais da formación teórica e práctica, incluirá saídas diurnas e nocturnas para aplicar os coñecementos adquiridos.

O lugar concreto onde se realizará a actividade é Casa Caselo, en Paderne de Courel e o prezo da formación é de 150 € (inclúe curso, aloxamento e comidas).

PROGRAMA

Venres: Sesión teórica, cea e saída práctica por Paderne.

Sábado: Almorzo, ruta de orientación polo monte, cea e saída nocturna.

Domingo: Almorzo, sesión de miniteoría e carreira de orientación (5 quilómetros con 5 balizas).

Material recomendado: Brúxula, calzado e roupa de monte, mochila con auga e algo de picar e frontal (recomendado para a saída nocturna).

As prazas son limitadas e as inscricións realizaranse a través de WhatsApp no 671 473 982.

Dende a Asociación Micolóxica Lactoutos animan a inscribirse pois, din, “é unha oportunidade única para conectar coa natureza e adquirir habilidades esenciais para a orientación en montaña”.

ÚLTIMAS

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesario”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...

Monforte resolve as axudas para deportistas individuais e a celebración das festas dos barrios e parroquias

No caso das subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias, o...