HomeComarca de QuirogaConvenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) veñen de asinar un convenio de colaboración nun acto celebrado na sede do colexio en Santiago de Compostela.

O acordo foi asinado polo presidente do Xeoparque, Roberto Castro González, e polo decano do COBGA, José Antonio Fernández Bouzas, co propósito de abrir novas vías de colaboración en diversas actividades de promoción e divulgación do patrimonio natural: cursos, conferencias, eventos educativos… Entre as accións previstas destaca a participación do Xeoparque na fase autonómica da Olimpíada Española de Bioloxía, coa organización dunha visita guiada especial para os tres mellores clasificados e os seus docentes. Esta primeira visita está prevista para o vindeiro mes de xuño.

Dende a xerencia do Xeoparque amosan a súa satisfacción e afirman que “o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia comparte obxectivos comúns co Xeoparque, o que facilita unha colaboración frutífera”.

BIOLOXÍA E XEOPARQUE

A profesión da bioloxía abrangue múltiples ámbitos nos que as biólogas e biólogos teñen competencias, como a xestión e protección ambiental, a educación ambiental, a ordenación da paisaxe, a xestión forestal e da fauna e a ordenación cinexética, entre outros. O COBGA traballa para defender a devandita profesión, promover o coñecemento científico e contribuír á protección do medio ambiente e da biodiversidade galega.

Á súa vez o Xeoparque inclúe áreas de grande valor ambiental, científico e didáctico pola súa biodiversidade, como a Devesa da Rogueira, a conca alta do Lor, numerosas cavidades kársticas fogar de especies cavernícolas, ou as cinco microrreservas de flora nas que salienta a diversidade de orquídeas, incluíndo a presenza dalgún endemismo.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...