HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelVilamor, no Concello de Folgoso, acolle a XIII Xuntanza de Artesáns

Vilamor, no Concello de Folgoso, acolle a XIII Xuntanza de Artesáns

O encontro ten lugar este sábado 30 de maio e está organizado pola Asociación de Veciños e Sociocultural O Quintairo de Vilamor.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O encontro de artesáns da aldea de Vilamor, no Concello de Folgoso do Courel, alcanza a súa decimoterceira edición esta fin de semana estando dedicado ao artesán Urbano Arza, coñecido como ‘O Nino’.

Ás 9:00 h será a recepción dos artesáns, e ás 11:00 h darase apertura á feira estando amenizada esta polo grupo tradicional ‘O Ventosiño’ que chega das Terras de Lemos. Esta formación musical chega financiada pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través do seu programa Tradigalu que ten como obxectivo conservar e fomentar a música tradicional na provincia.

Ás 14:00 h terá lugar o pregón a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, escritora, reporteira e viaxeira.

Xa pola tarde, ás 17:00 h será a homenaxe ao artesán local Urbano Arza, e despois haberá baile ás 18:00 h co grupo Courel-Lóuzara ata as 20h cando se pechen os postos participantes. Como fin de festa, ás 21:00h farase unha foliada aberta a quen queira participar.

Durantes toda a xornada haberá demostración de artesanía do ferro e de tear, e tamén posto de churrasco e polbo.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...