HomeSucesosEvacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de tractor en Quiroga

Evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de tractor en Quiroga

O condutor resultou ferido de consideración despois de envocar o seu vehículo.

Publicado o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias tiveron que evacuar este venres o condutor dun tractor que resultou ferido de consideración logo de envorcar o seu vehículo en Quiroga.

Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18:00 horas deste venres nunha parcela do lugar de Bustelo de Lor.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga e a Garda Civil, así como membros de Protección Civil da localidade. Tamén acudiu un equipo médico do 061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou o ferido a un centro sanitario.

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...