HomeCulturaAs festas da Madalena de Anguieiros, Quiroga, xa están de volta

As festas da Madalena de Anguieiros, Quiroga, xa están de volta

Publicado o

- Advertisement -

A fin de semana do 21 e 22 de xullo, Anguieiros vestirase de gala. Grazas á labor da Asociación Sociocultural Boca do Monte, creada no 2010, as celebracións na honra da Virxe da Madalena desta pequena aldea de só 5 veciños, volven rexurdir.

O programa para o 2018 comeza o sábado 21 cunha camiñada que partirá as 9:00 horas de Montefurado para dirixirse ó Ermidón, subirá ata Centeais e rematará no punto de partida. Esta actividade ten como obxetivo percorrer un pequeno treito do Camiño de Inverno e coñecer aldeas da contorna. 15 quilómetros de andaina que contarán cunha alternativa máis curta, duns 7 quilómetros, para os que consideren que o trazado principal é moi longo.

Tras este paseo matutino, ás 18:00 horas celebraranse xogos infantís. Carreira de sacos, tiro de corda, bolos celtas e o tradicional xogo da chave. Seguidamente, ás 20:00 horas, haberá unha charla sobre aviación en Galicia a cargo de Xerardo Rodríguez Arias onde se tratarán curiosidades históricas relacionadas coa contorna e servirá de anticipo para a presentación do seu libro “100 anos de aviación en Compostela”. O día rematará cunha merenda popular aberta ós veciños e visitantes ó redor das 22:30 h. Os alí presentes poderán gozar dunha Foliada Tradicional a cargo do grupo Ouroxobruxo da Rúa.

Campionato de Bolos Celtas 2017. Foto: Marga

O domingo, día propio da Madalena, o protagonismo será para o VII Campionato de Bolos Celtas a partir das 10:00 horas. Ás 12:00 horas entregaranse os premios do campionato e haberá Ruada a cargo do Grupo de Gaitas Abertal . Ás 13:00 horas, misa solemne, procesión, aperitivo popular e sesión vermuth.

 

 

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...