HomeSucesosEvacuados tres veciños de Quiroga por unha fuga de monóxido de carbono...

Evacuados tres veciños de Quiroga por unha fuga de monóxido de carbono na súa vivenda

Os afectados tiveron que ser trasladados ó Hospital de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Tres persoas, entre eles un menor, foron evacuadas na noite deste luns ao Hospital de Monforte con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono no interior dunha vivenda situada na Rúa Río Lor, en Quiroga.

Segundo informou o 112, mediante as correspondentes medicións realizadas polos efectivos do GES de Quiroga comprobouse que nas habitacións había “unha alta concentración de monóxido de carbono, posiblemente provocado pola mala combustión dun quentador de auga”.

Con todo, o 112 destacou será necesaria a intervención dos técnicos da empresa subministradora do butano para verificar a instalación do quentador e o seu correcto funcionamento. Así, os xestores do 112 Galicia tamén enviaron aviso á compañía co fin de que leve a cabo a revisión de toda a instalación e confirme as causas da fuga.

O aviso sobre estes feitos recibiuse no 112 Galicia sobre as 23,00 horas do luns mediante Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou unha dotación ao momento por tres ocupantes dunha vivenda con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono.

De feito, o tres afectados foron evacuados en ambulancia ao Hospital de Monforte para recibir “o tratamento necesario en función do cadro médico que presentaban”, sinalou o 112.

En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 desprazou dúas ambulancias de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC de Quiroga para atender ao home R.A.M., de 44 anos, á muller A.S.P.V., de 43, e a un menor, que foron trasladados ao Hospital de Monforte.

Para realizar as correspondentes medicións sobre a presenza de monóxido de carbono no interior da casa, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos membros do GES de Quiroga e dos Bombeiros de Monforte. Tamén foi informada a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...