HomeComarca de QuirogaQuirogaConvocan unha manifestación este sábado en Quiroga contra a "especulación eólica"

Convocan unha manifestación este sábado en Quiroga contra a “especulación eólica”

A manifestación partirá da Praza de España de Quiroga ás 12,00 horas.

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma ‘EiquíEólicosNon, Courel libre de eólicos‘ convocou unha manifestación contra a “especulación eólica” o vindeiro sábado, a partir das 12,00 horas que arrincará da Praza de España do concello de Quiroga.

En declaracións aos medios este xoves, un dos portavoces do colectivo responsable da protesta, Pablo González, aseverou que “sobran os motivos” para mobilizarse contra a “invasión eólica” que afecta “ao rural desta zona e tamén a outras moitas de Galicia”.

González denunciou que está “proxectado un megaparque, dunha empresa propiedade do Reino de Noruega na zona do Courel, nos límites co Bierzo, e é precisamente no Bierzo onde levan a peor parte”.

Así mesmo, o colectivo pon o foco en que na zona sur desta área estean proxectados “cinco parques de 50 MW interconectados”, xa que “non son independentes” senón que, segundo González, “é outro megaparque que tentan metelo como cinco parques pequenos”.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...