InicioSucesosDous pais demandan ao IES de Quiroga polo acoso á súa filla:...

Dous pais demandan ao IES de Quiroga polo acoso á súa filla: “Estas cousas deben denunciarse sempre”

Tras anos de protocolo antiacoso aberto e unha vez celebrada a vista previa o pasado 9 de xuño, o xuízo quedou fixado para o próximo 16 de decembro ás 10,00 da mañá no Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Dous pais de Quiroga demandaron ao instituto do municipio polos múltiples episodios de acoso sufridos pola súa filla durante varios cursos, polo menos ata o 2017/18, cando dediciron cambiar de centro á moza, que agora xa é maior de idade.

Tras anos de protocolo antiacoso aberto e unha vez celebrada a vista previa o pasado 9 de xuño, o xuízo quedou fixado para o próximo 16 de decembro ás 10,00 da mañá no Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo. A nai, Alicia Rodríguez, que asegura que está en contacto con outras familias ás que lles ocorreu o mesmo, considera que “estas cousas deben denunciarse sempre”.

A súa filla ten xa 20 anos e estuda unha carreira universitaria. O acoso, que supuxo toda “unha persecución”, segundo relata a nai, iniciouse en Primaria e estendeuse ata a ESO, e terminou por provocarlle problemas hormonais: “Tivemos que acudir a psicólogos e alí soltou todo o inferno que estaba a vivir”.

Entre estes episodios de ‘bullying’, Alicia Rodríguez describe que á súa filla cortáronlle un guecho de pelo cando estaba en 2º de ESO e, xa en 4º, recibiu unhas mensaxes por ‘WhatsApp’ no que a ameazaban con agresións e violacións. Aínda que puxeron unha denuncia na Garda Civil que chegou á Fiscalía, un xulgado decidiu arquivala “por falta de indicios”.

Todas estas situacións terminaron por provocar que a súa filla faltase a clase sucesivamente “porque non podía máis”. Finalmente, acabárona cambiando da o IES Río Cabe de Monforte de Lemos antes de que terminase o ano académico 2017/18 e toda a familia cambiou de domicilio “porque o aconsellou o psicólogo”. O acoso “perseguiuna” no novo centro, pero a nai relata que a súa dirección si “cortou a tempo” a situación.

ACTIVARON O PROTOCOLO “MAL E TARDE”

Ademais, a nai asegura que o IES de Quiroga –apunta como “maior responsable” ao seu entón director– activou o protocolo antiacoso aínda que “mal e tarde”, porque “ao principio non querían”. “Víase soa, non a tomaban en serio”, lamenta.

De feito, Alicia Rodríguez asegura que ese procolo, cuxo informe “recoñece que houbo acoso” –marxinación e exclusión social en modalidade pasiva, concretamente–, aínda “non se pechou” a pesar de que o xuízo xa está fixado para finais de anos.

Os pais reclaman ao IES de Quiroga e, subsidiariamente, á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta unha indemnización polos danos e prexuízos sufridos. A demanda, de tipo civil porque os feitos penais prescribiron “ao ano” de ocorrer, interpuxérona ante o xulgado de Monforte, aínda que do caso finalmente ocúpase o Xogado de Instrución número 5 de Lugo.

“Estas cousas débense visibilizar ao máximo e denunciar sempre, porque están a sufrir moitos nenos. Queremos que se faga xustiza”, conclúe Alicia Rodríguez, que tamén expresa que a súa familia estará “sempre” coa súa filla, dado que ata o momento non recibiu “nin o perdón” por parte dos seus acosadores.

A XUNTA “RESPECTA” O PROCESO XUDICIAL

Por parte da Xunta, fontes da Consellería de Educación consultadas por Europa Press trasladan o seu “respecto” polo proceso xudicial pendente.

Así mesmo, o departamento que dirixe Román Rodríguez destaca que o centro, “igual que se fai sempre, activou o protocolo e iniciou os trámites pertinentes para estes casos“.

ÚLTIMAS

IGV demanda medidas “ante a crise de produtores de uva na Ribeira Sacra”

Interior Galego Vivo explica que "hai unha crise de excedentes de uva na DO...

O PP de Monforte urxe ao arranxo inmediato de varias rúas

Unha das actuacións ás que se comprometeu o goberno local é o arranxo do...

PP e IGV lamentan que a mellora da N-540 non remate ata 2027

O Partido Popular considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do...

5 viaxes ao ano e comidas de 400 persoas, a Asoc. de Pensionista e Xubilados de Pantón segue un plan que funciona

A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pantón fundouse no 2002. Na actualidade conta...