HomeComarca de QuirogaControlado o incendio de Quiroga, que afectou a 16 hectáreas

Controlado o incendio de Quiroga, que afectou a 16 hectáreas

Nos labores de extinción participaron cinco axentes, 20 brigadas, nove motobomas, unha pa, seis helicópteros e cinco avións.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio que se orixinou esta madrugada no municipio de Quiroga, na parroquia do Hospital, está controlado, segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural.

O lume orixinouse sobre as 00,54 horas desta madrugada na parroquia do Hospital, nun dos municipios da Serra do Courel que forma parte de Rede Natura, aínda que desde a Consellería de Medio Rural manifestaron que non tiñan constancia de que afectase á zona de protección.

Nos labores, os servizos de extinción contaron con apoio aéreo, con avión e helicóptero, ademais de brigadas e motobombas. En concreto, foron, segundo os últimos datos achegados, cinco axentes, 20 brigadas, así como nove motobomas, unha pa, seis helicópteros e cinco avións.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...