HomeComarca de QuirogaQuiroga'Mercadiño de Nadal', con produtos locais e artesanía, en Quiroga

‘Mercadiño de Nadal’, con produtos locais e artesanía, en Quiroga

A Asociación de Artesáns galegos e galegas “Tarabelada”, da que forman parte varios emprendedores locais, encargarase da organización en colaboración co Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acollerá o vindeiro luns, 27 de decembro, o I Mercadiño de Nadal de Artesanía e Produtos Locais aproveitando así tamén a última feira local do ano.

Serán 16 postos os que se instalen nas carpas colocadas para o evento que abrirán ao público ás dez da mañá para manterse abertas durante toda a xornada. Neles poderanse atopar produtos artesanais de todo tipo,  moitos deles amparados baixo o selo Artesanía de Galicia. Tamén se poderá ver unha demostración do traballo da madeira con torno.

Carpas xa preparadas para o luns 27 de decembro. Foto: Asoc. Tarabelada

Neste primeiro mercado de Nadal poderase atopar todo tipo de produtos alimenticios e de artesanía enfocados ao Nadal que servirán para dar a coñecer os produtos que se elaboran artesanalmente dentro da nosa comarca.

O pasado verán foi a primeira vez que se realizou un mercado de artesanía e produtos locais en Quiroga e dado o éxito acadado a asociación Tarabelada e o Concello de Quiroga decidiron novamente colaborar e organizar un novo mercado, nesta ocasión de Nadal.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...