HomeMedio ambiente e PatrimonioUn museo de música de raíz na Seara?

Un museo de música de raíz na Seara?

A Fundación Legar, co impulso do gaiteiro e artesán Xavier Blanco, pretende crear un centro de interpretación de música de raíz nesta vila quiroguesa do Courel. A presentación do proxecto será este sábado 4 de xuño na Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Legar, impulsada por Xavier Blanco –gaiteiro, artesán e técnico en cultura tradicional– nace co obxecto de difundir e promover a preservación, conservación, mellora, protección, vixilancia e desenvolvemento da música de raíz.

Xavier leva máis de 30 anos percorrendo diferentes vilas e parroquias de Galicia gravando e catalogando todo tipo de documentación relacionada coa nosa cultura tradicional. Neste labor de recollida conta cun amplo arquivo sonoro, partituras e fotografías recollidas de mestres, músicos, maiores… portadores todos eles da música de raíz transmitida de xeración en xeración a través da oralidade. Posúe unha colección de máis de 900 instrumentos tradicionais galegos.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE MÚSICA DE RAÍZ

Co obxectivo de dar a coñecer este patrimonio musical, a Fundación Legar pensou no Courel, concretamente na aldea da Seara (Quiroga), para crear un centro de interpretación de música de raíz. E por que neste lugar? Pola recuperación exemplar desta aldea dende o punto de vista arquitectónico, respectando as características da arquitectura de montañasta aldea, e pola súa fermosa contorna natural que contaxia serenidade. A presentación do proxecto terá lugar este 4 de xuño as 12.00 h. na Casa da Cultura do Concello de Quiroga.

O obxectivo principal do futuro Centro de Interpretación é a investigación, conservación, divulgación é posta en valor do legado cultural e patrimonial de raíz, sempre dende un prisma sinxelo e compresible, adaptándose ao público que o visite, unindo a sabedoría e a tradición oral en interacción coa contorna, creando así, espazos en calma.

Entre as actividades pensadas para ofrecer ao publico en xeral, destacan as seguintes: “Representacións Didácticas de música de Raíz”, “Paisaxes Sonoras, Rutas Musicadas”,“Im·Raíz”,“ A Cultura musical do noso Mar” e “Mulleres Raíz”.

A perspectiva ecolóxica e sustentable tamén estará presente, traballando pola unión entre o eido cultural da música e o respecto coa contorna.

Asistirán ao acto María Olga Iglesias Fontal –Xefa Territorial da Consellería de Medio Rural de Lugo e Alcaldesa de Triacastela– e Julio Álvarez Núñez —–alcalde de Quiroga–.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...