HomeComarca de QuirogaQuirogaQueres coñecer a programación do 'San Martiño' quirogués?

Queres coñecer a programación do ‘San Martiño’ quirogués?

O vindeiro 11 de novembro o Concello de Quiroga celebra o día do seu patrón, o San Martiño, e faino organizando o Día da Bicicleta, con música tradicional, xogos populares para a cativada e un magosto popular como é tradicional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres día 11 ás once da mañá darán comezo os actos para festexar o Patrón de Quiroga, o San Martiño, cunha alborada a cargo do grupo Ventosiño dos Xograres de Lemos e a celebración do Día da Bicicleta.

Ás doce do mediodía será o momento dos actos relixiosos. Haberá Misa e procesión –sempre que o tempo o permita– na que o santo homenaxeado recorrerá a zona da praza Maior. Precisamente neste lugar será onde se desenvolvan a partir dese momento o resto de actos programados para a xornada de festa local en Quiroga.

Ás 13:15 h. o grupo Ventosiño dos Xograres de Lemos actuará no recinto da praza Maior e a partir das 16:00 h. haberá xogos populares para a cativada.

Ás 19:00 h. comezará o tradicional magosto, no que o protagonismo será para as castañas e o viño novo. Tampouco faltará a música, que esa noite correrá a cargo do dúo Eclipse. Castañas e viño serán de balde para aqueles e aquelas que se acheguen a participar da festa.

Castañas asadas. Foto: XMF

A Comisión que organiza os festexos e eventos do municipio decidiu deixar un último acto da festividade do San Martiño para o domingo día 13. O Auditorio Municipal acollerá ese día a partir das 18:00 h. a actuación teatral “As alumnas”, obra dirixida por Fina Calleja e que conta co patrocinio das Secretaría Xeral de Política Lingüística.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...