HomeMedio ambiente e PatrimonioCoñeces o Museo Xeolóxico de Quiroga?

Coñeces o Museo Xeolóxico de Quiroga?

Publicado o

- Advertisement -

O Ilustre Colexio oficial de Xeólogos (ICOG) recomendou diferentes plans xeolóxicos para este Nadal, entre os que se atopa o Museo Xeolóxico de Quiroga no Xeoparque Montañas do Courel en Lugo.

Segundo informou o ICOG, este Xeoparque engloba os concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, no sur da provincia de Lugo, e constitúe un dos “grandes valores” naturais e culturais de Galicia.

Así, nos seus 578 quilómetros cadrados de extensión, este territorio comprende desde o val do río Sil no sur, onde se asentan as poboacións máis grandes, ata as Montañas do Courel no norte, onde se esconden máis de 50 “suxestivas aldeas tradicionais”.

Desta forma, as Montañas do Courel “atesouran un rico e variado” patrimonio xeolóxico relacionado co aproveitamento das rocas de construción, minerais industriais e outros recursos xeolóxicos, xa desde a prehistoria, segundo detallou o ICOG.

Este Patrimonio Xeolóxico, remarcou o Colexio de Xeólogos, é de “marcado carácter tectónico e xeomorfolóxico“, no que sobresae a nivel internacional o ‘Global Geosite’ denominado ‘Pregamentos deitados das Montañas do Courel’.

Así mesmo, o ICOG explicou que o Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga é un dos alicerces do Xeoparque e forma parte da súa rede de centros de interpretación, como a aula da Natureza da Devesa da Rogueira, o Centro de Interpretación das Covas de Meiraos, o Museo Etnográfico de Quiroga e o da minaría aurífera romana de Ribas de Sil. “O Museo inclúe os contidos xeolóxicos máis representativos da contorna”, sentenciou o Colexio.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...