HomeComarca de QuirogaQuirogaMorre un traballador forestal ao caerlle un piñeiro mentres realizaba traballos forestais

Morre un traballador forestal ao caerlle un piñeiro mentres realizaba traballos forestais

Un equipo do Grupo de Emerxencia Supramunicipais de Quiroga traballa na zona para retirar a árbore e liberar o corpo da vítima.

Publicado o

- Advertisement -

Un traballador faleceu na mañá deste xoves no municipio lugués de Quiroga ao caerlle encima un piñeiro mentres realizaba tarefas forestais.

O accidente produciuse minutos despois das 10,30 horas no lugar das Covas, que pertence á parroquia de Augas Mestas, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Ata o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que só puideron confirmar a morte do operario.

Un equipo do Grupo de Emerxencia Supramunicipais de Quiroga traballa na zona para retirar a árbore e liberar o corpo da vítima.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...