HomeComarca de QuirogaQuirogaO Meco e as Pampórnigas acompañan á Virxe dos Remedios na Ermida

O Meco e as Pampórnigas acompañan á Virxe dos Remedios na Ermida

Esta localidade do Concello de Quiroga honra á súa patroa cunha romaría na que estas figuras tradicionais non poden faltar. Meco e Pampórnigas participaron o pasado venres 8 na procesión e este sábado 9 comparecen de novo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres 8 de setembro celebrouse a tradicional procesión na que a Virxe dos Remedios, a ombros de varias mulleres vestidas co traxe típico galego, percorre as rúas da Ermida ata chegar á Igrexa. Nesta ocasión o percorrido foi máis curto do habitual por mor da treboada que viría seguida dunha forte tromba de auga que obrigou a acurtar o traxecto da procesión para chegar coa Virxe ao resgardo da Igrexa.

As Pampórnigas e o Meco chegando ao atrio da Igrexa da Ermida. Foto: RTMQ

Ao longo da mañá oficiáronse varias misas, pero foi na das 13:00 h. cando sairía a procesión, na que sairon abrindo paso como é tradición, as emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas.

Na sesión vermú estivo a banda de Acordeóns o Folión Xograres de Lemos e pola tarde e noite o protagonismo musical correu a cargo da Orquestra Compostela.

Este sábado día 9 oficiaranse novamente misas ás 9:30 da mañá, ás 11:00 e ás 13:00 h. sendo nesta última cando teña lugar a procesión coa Virxe dos Remedios acompañada do Meco e as Pampórnigas. A música durante toda esta xornada correrá a cargo do grupo Talismán e a Disco móbil Eme Music.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...