InicioComarca de QuirogaQuirogaQuiroga máis visible para turistas e visitantes a través de Google My...

Quiroga máis visible para turistas e visitantes a través de Google My Maps e Aldealista

A plataforma Google My Maps alberga establecementos turísticos, adegas, almazaras e varias rutas de Quiroga: a ruta das Fervenzas, a ruta Quiroga no Ar e a ruta Quiroga Literaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As áreas de turismo e cultura do Concello de Quiroga veñen de sacar adiante varios mapas dixitais a través da plataforma Google My Maps para axudar a visibilizar empresas do sector turístico.

Nos mapas pódense atopar os diferentes tipos de aloxamentos que están repartidos polo concello, dende o Conceado ata a Serra do Courel. A este súmaselle un mapa sobre as diferentes empresas no sector agrícola que, en palabras dos responsables desta iniciativa, “traballan cos catro tesouros quirogueses: o viño da Ribeira Sacra, o aceite da Mansa e Brava, o mel e a castaña”.

Ademais, a través da propia páxina web do Concello de Quiroga pódese entrar directamente no mapa que recolle todos os aloxamentos turísticos, casas de turismo rural, albergues, hoteis, hostais e refuxios de montaña que se atopan no municipio de Quiroga.

O mapa das adegas e almazaras axuda a localizar todas as empresas locais que se dedican ao sector vitivinícola, olivareiro, produción de castañas e recolección de mel.

Sumado ao anterior, cómpre dicir que a través desta plataforma Google My Maps tamén se pode acceder aos mapas de varias rutas de Quiroga: a ruta das Fervenzas, a ruta Quiroga no Ar e a ruta Quiroga Literaria.

Imaxe gráfica desta aplicación nacida en San Xoán de Río

QUIROGA INCLUÍDA EN ‘ALDEALISTA’

O Concello de Quiroga xa pode presumir de estar incluído na aplicación Aldealista contando coa baldosa que contén o código QR que direcciona aos interesados e interesadas para “coñecer e namorarse” do municipio e das súas aldeas. O creador da aplicación coñecida xa popularmente como “el tinder de los pueblos”, o economista e empresario orixinario de San Xoán Río, Juan Carlos Pérez Rodríguez, achegouse o pasado 31 de outubro ata Quiroga para facerlle entrega do devandito QR ao alcalde José Luis Rivera.

Esta aplicación ten como obxectivo dar visibilidade aos recursos e atractivos turísticos dos municipios de menos de 5.000 habitantes, axudando a coñecer estes lugares e loitar contra o despoboamento.

A través destes códigos, os visitantes poden acceder a moitas informacións sobre as aldeas de cada municipio, como as casas dispoñibles para vender ou alugar, os atractivos paisaxísticos e culturais, os servizos turísticos, as festas, a gastronomía…. A aplicación utiliza un algoritmo que lle recomenda aos usuarios os lugares máis acordes cos seus gustos persoais.

ÚLTIMAS

Aberta ata o 21 de maio a inscrición de formación universitaria para maiores de 50 anos en Monforte

O programa leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do...

Cadea humana en Chantada contra o acoso escolar

Este xoves, 2 de maio (Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar),...

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...