HomeCulturaMúsica e deporte esta fin de semana no Saviñao e Quiroga

Música e deporte esta fin de semana no Saviñao e Quiroga

O Día da Bicicleta celébrase en Quiroga o 18 de novembro, un día antes o Círculo Saviñao propón unha cita coa música da man Miriam García, Amarela, co seu disco "Instinto".

Publicado o

- Advertisement -

A pasada semana o concello de Quiroga celebraba O San Martiño, entre as propostas recollían a celebración do II Día da Bicicleta. Finalmente esta actividade será esta fin de semana, en concreto o dia 18,  a partir das 12.00 da mañá.

Os participantes sairán das Praza de España, dirixiranse a Ribas de Sil e desde a ponte  nova de San Clodio irán dirección ao paseo fluvial de Quiroga para regresar á Praza de España nun percorrido total de 9 quilómetros. A actividade está aberta a todos os públicos, só é necesario inscribirse media hora antes da saída. Ao remate da proba sortearanse dúas bicicletas e outro material de ciclismo.

Un día antes no Círculo Saviñao celebrase un concerto da cantautora murciana Miriam García, de nome artístico, Amarela. A artista presentará o seu último traballo “Instinto”, Será a partir das 23.00 horas do sábado 17 de novembro. Amarela repite no Círculo Saviñao, onde o encontro co público foi moi positivo en anteriores citas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...