HomePolíticaCales son as prioridades do orzamento do novo goberno para Quiroga?

Cales son as prioridades do orzamento do novo goberno para Quiroga?

O equipo de goberno de Quiroga traballa na elaboración do novo presuposto que califican de  “diferenciador“ e que “dará a cada área a economía necesaria para traballar e cubrir servizos básicos”. Ideas dende os Servizos Sociais, actividades para os maiores e pequenos, mellorar e crecer en deporte, atención ás aldeas e a mellora de edificios en mal estado como o Albergue Municipal, unido á atención de demanda de obras, aseguran que é o primordial para este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso do servizo municipal de auga, co inicio das choivas de outono a auga chegou turbia, polo incendio do 2022 e os movementos de terra para sacar a madeira queimada que fixeron que a chuvia arrastrase gran cantidade de terra á zona de captación da traída de auga municipal. Isto sumado á deficiente rede de tubaxe, provocou numerosos cortes no subministro dunha auga que xa non chegaba nas mellores condicións, “A nosa inquietude sobre a auga é primordial, pero unha débeda anterior sumada a uns escasos presupostos, dificultan a inversión; non obstante vaise estar sobre este tema por afectar a toda a veciñanza”.

Xa se comezou a traballar realizando unha memoria que se trasladou ás distintas administracións para construír un novo depósito de almacenamento con máis capacidade para que en momentos de choiva se poda dispoñer de auga nas mellores condicións sen ter que usar a da captación se ven turbia.

Outro tema prioritario ademais da auga son os desbroces, unha das maiores demandas dos veciños. No pasado verán dende a Concellería de Medio Rural tentouse cubrir todas as demandas cos GES. Este ano conseguíronse 120.000 € da Deputación Provincial para a compra dun tractor con desbrozadora co que se pretende cubrir as necesidades esenciais das aldeas e parroquias. Farase unha folla de ruta tentando que se chegue a todas elas. Tamén a través da Deputación, concretamente do Plan Único, dispoñerase de 350.000 € que se destinarán a obras, turismo, servizos sociais, medio rural,…

O Equipo de Goberno tamén pretende regular o tráfico e “actuar ante o incivismo tanto dos propietarios de mascotas como dos que tiran o lixo en calquera parte. No tráfico poñerase énfase nos pasos de cebra e no cumprimento das normas de tráfico e de respecto aos cidadáns. No referente ás mascotas, dende a Concellería de Medio Ambiente colocáronse papeleiras con dispensador de bolsas para recoller os excrementos das mascotas, non obstante seguen habendo unha relaxación neste sentido que se ten que erradicar”.

Recentemente creouse a concellería para o Reto Demográfico. O primeiro paso foi unirse a plataforma Aldealista, coa intención de axuntar esforzos para que a xente veña a vivir a Quiroga. Plantexan a posta en marcha dun coworking dirixido por profesionais para apoiar e orientar a futuros empresarios e facer un viveiro de empresas, un lugar físico para que os novos empresarios poidan poñer en marcha a súa empresa.

Dende o departamento de Servizos Sociais reactívanse as instalacións do Centro Social cubrindo a demanda existente e ofertando novas actividades como o Faladoiro e poténciase o Centro de Día animando con xornadas de formación.

A área de deportes continúa coa inquietude de ir cubrindo toda a demanda deportiva e tamén moi centrada co maior evento deportivo co que conta Quiroga nestes momentos o  Quiroga Trail Challenge.

Asemade potenciaranse todos os recursos turísticos, continuarase coas xornadas de portas abertas dos museos que tanto éxito tiveron o pasado verán. “En Montefurado hai un proxecto para crear unha ruta que permita contemplar a boca de entrada do túnel romano, algo moi difícil neste momento. Vanse poñer en marcha visitas guiadas a todos os recursos cos que se conta: rutas, fervenzas, arte urbana,…”, conclúen desde o equipo de goberno de Quiroga.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...